A importancia das secuencias didácticas
Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación. Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso. Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...