A Era Dixital

Ao longo da nosa vida e infancia, as tecnoloxías foron evolucionando. As tres tivemos a sorte de nacer na era dixital, e a medida que fomos medrando, o foron facendo tamén as diferentes empresas tenolóxicas. Puidemos vivir a aparición das tablets, dos reloxos intelixentes e unha infinidade de elementos. Cando éramos pequenas, as videochamadas eran algo pouco frecuente, que tiñan lugar nun gran ordenador. Co paso dos anos, nos atopamos agora ante a facilidade de facelas onde e cando queramos, dende unha gran variedade de dispositivos. Menos mal que a pandemia chegou neste ano e non hai 20! Teriamos mellores e peores cousas pero, sen lugar a dúbidas, non poderíamos estar tan ben comunicados como agora. As "clases online" serían imposibles e habería que forzar moito máis a presencialidade. Grazas a tódolos avances cos que contamos a día de hoxe, podemos saber o noso nivel de pulsación mediante un reloxo ou deixar que o coche aparque só. Agora contamos cunha gran di...