Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NNTT

Webquest: con cómic, RA e podcast

Imaxe
 Unha Webquest é unha ferramenta na que o alumnado resolve un problema plantexado, a modo de xogo, conseguindo adquirir coñecementos que pretende o docente ou a docente dun xeito máis dinámico. No noso caso pretendíamos que o alumnado adquiriese coñecementos acerca da alimentación e hábitos saudables. Para isto deseñamos unha problemática imaxinaria: o monstruo das galletas vai á súa consulta médica e dinlle que ten que levar unha dieta máis saudable, temos que axudalo a coñecer o que é unha dieta saudable.  No noso caso empregamos a ferramenta Weebly, xa que nos permitía organizar as fases da webquest dun xeito sinxelo. Estas partes son: a introdución (once se presenta a problemática e se motiva ao alumnado a participar), o proceso (explicando os pasos a seguir), os recursos (que aportan información e xogos a completar), a avaliación (para determinar se se adqueriron os coñecementos que se tiña previsto, tamén sirve para mellorar a webquest nun futuro) e a despedida.  No...

Wordwall

Imaxe
 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva. Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación.  Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza. As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA. Animámosvos a que probedes o concurso! Concurso sobre a alimentación

A importancia das secuencias didácticas

Imaxe
 Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas  e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.  Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.  Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...

As TIC no 2021

Imaxe
Hoxe en día con todos os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos é complicado imaxinar un mundo sen as TIC. Forman parte do noso día a día xa desde fai uns cantos anos, pero neste último ano foron máis necesarias que nunca coa chegada da pandemia. Grazas a elas foinos posible seguir traballando, comunicarnos, informarnos... cousa que fai 200 anos, sen elas, non sería posible. Estamos ante unha nova xeración onde as novas tecnoloxías están moi presentes nas súas vidas en cada vez máis ámbitos, como por exemplo no educativo. O sistema educativo está nun constante cambio, adaptándose as innovacións da época. Nestes últimos anos ao desenvolverse as novas tecnoloxías cuns gran pasos e incorporarse de gran maneira nas nosas vidas,  tamén se foron establecendo na educación. Incorporar as TIC como método de aprendizaxe é unha boa maneira de introducir aos rapaces na actualidade, e de ademáis brindarlle as facilidades que esta á súa vez xera. Un experimento afirma que este aprendizaxe se de...