A importancia das secuencias didácticas
Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia.
Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.
Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.
Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando así o noso tempo.
A gran variedade que temos á nosa disposición facilita o atopar dunha que nos sexa útil, por iso cantas máis coñezamos, máis posibilidades teremos para traballar con elas.
Comentarios
Publicar un comentario