Os comezos
Os comezos María González Taboada, 19 anos Sofía González Miguélez, 18 anos Raquel González Davila, 18 anos Ola a todos! Somos Raquel, Sofía e María e o noso grupo chámase As Onions González. Decidimos levar a cabo este blog centralizando a súa temática na alimentación orientada a unha mellor saúde física e mental. A día de hoxe, o problema do sobrepeso é cada vez máis frecuente en rapaces e rapazas moi novos e novas. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o 40'6% do alumnado de entre 6 e 9 anos teñen exceso de peso. Esta situación ven dada por varios motivos. Ademais do evidente incremento do emprego das tecnoloxías, videoxogos e aparellos que reducen a movilidade, cremos que a alimentación pode supor un problema moi determinante se non se coida como é necesario, por iso o tema do noso blog. Tamén gustaríanos subliñar a importanci...