A importancia dos REA

Os recursos REA, Recursos Educativos Abertos, son materiais de ensinanza-aprendizaxe gratuítos. Tan só con acceso a Internet xa podes acceder a multitude deles, os cales permiten achegarse ao mundo das Novas Tecnoloxías, e ir aprendendo a manexalas intuitivamente dende a Primaria dun xeito educativo, o que resulta moi enriquecedor para as novas xeracións, cuxos traballos dependerán destas e do bo manexo que lles den. As Novas Tecnoloxías supoñen un perigo na seguridade e saúde da rapazada, pero son un gran avance, polo que é necesario ensinar dende a Primaria o seu bo uso e empregalas co fin de facilitar a aprendizaxe. Nesta sesión 2, indagamos en portais de REA como o son Abalar, Agrega2, INTEF, WikiDidácTICa, Procomún e CEDEC. Negras páxinas pódense buscar recursos por curso, temática, autoría... Normalmente son feitas por un profesor ou unha profesora para o seu grupo, pero poden ser utilizadas por todo o mundo. Nos eliximos o tema da alimentación saudable, e buscando po...