Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Alimentación

Webquest: con cómic, RA e podcast

Imaxe
 Unha Webquest é unha ferramenta na que o alumnado resolve un problema plantexado, a modo de xogo, conseguindo adquirir coñecementos que pretende o docente ou a docente dun xeito máis dinámico. No noso caso pretendíamos que o alumnado adquiriese coñecementos acerca da alimentación e hábitos saudables. Para isto deseñamos unha problemática imaxinaria: o monstruo das galletas vai á súa consulta médica e dinlle que ten que levar unha dieta máis saudable, temos que axudalo a coñecer o que é unha dieta saudable.  No noso caso empregamos a ferramenta Weebly, xa que nos permitía organizar as fases da webquest dun xeito sinxelo. Estas partes son: a introdución (once se presenta a problemática e se motiva ao alumnado a participar), o proceso (explicando os pasos a seguir), os recursos (que aportan información e xogos a completar), a avaliación (para determinar se se adqueriron os coñecementos que se tiña previsto, tamén sirve para mellorar a webquest nun futuro) e a despedida.  No...

Wordwall

Imaxe
 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva. Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación.  Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza. As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA. Animámosvos a que probedes o concurso! Concurso sobre a alimentación

Educaplay

Imaxe
Hoxe realizamos dous actividades diferentes a través de Educaplay. A primeira consiste en relacionar imaxes de alimentos co número de porcións e a frecuencia diaria na que se deben inxerir. A finalidade é que, tras ter estudado e comprendido a pirámide alimenticia, o alumnado sexa capaz de relacionar cada alimento co seu correspondiente grupo e, polo tanto, coa súa debida frecuencia recomendada.   A través das imaxes de almentos cotiás búscase que valoren a frecuencia coa que comen estos alimentos. Utilizamos dende unha imaxe dunha barra de pan, por exemplo, ata unha bolsa de Doritos, especificando que esta última debe inxerirse de vez en cando. A repetición e a relación destos alimentos cunha frecuencia facilitará recordala no momento da inxesta; aumentando a alimentación a través de alimentos base coma os cereais e intentando acercarse o máximo posible á inxesta recomendada en frutas, verduras, carne, pescado... A segunda actividade consiste en responder dez preguntas, as ca...

A importancia das secuencias didácticas

Imaxe
 Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas  e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.  Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.  Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...

Os comezos

Imaxe
Os comezos                                     María González Taboada, 19 anos Sofía González Miguélez, 18 anos   Raquel González Davila, 18 anos Ola a todos! Somos Raquel, Sofía e María e o noso grupo chámase As Onions González. Decidimos levar a cabo este blog centralizando a súa temática na alimentación orientada a unha mellor saúde física e mental.  A día de hoxe, o problema do sobrepeso é cada vez máis frecuente en rapaces e rapazas moi novos e novas. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o 40'6% do alumnado de entre 6 e 9 anos teñen exceso de peso. Esta situación ven dada por varios motivos.  Ademais do evidente incremento do emprego das tecnoloxías, videoxogos e aparellos que reducen a movilidade, cremos que a alimentación pode supor un problema moi determinante se non se coida como é necesario, por iso o tema do noso blog.  Tamén gustaríanos subliñar a importanci...