Os comezos
Os comezos
Raquel González Davila, 18 anos
Ola a todos! Somos Raquel, Sofía e María e o noso grupo chámase As Onions González. Decidimos levar a cabo este blog centralizando a súa temática na alimentación orientada a unha mellor saúde física e mental.
A día de hoxe, o problema do sobrepeso é cada vez máis frecuente en rapaces e rapazas moi novos e novas. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o 40'6% do alumnado de entre 6 e 9 anos teñen exceso de peso. Esta situación ven dada por varios motivos.
Ademais do evidente incremento do emprego das tecnoloxías, videoxogos e aparellos que reducen a movilidade, cremos que a alimentación pode supor un problema moi determinante se non se coida como é necesario, por iso o tema do noso blog.
Tamén gustaríanos subliñar a importancia que ten unha boa alimentación na saúde mental. Os TCAs son tamén, por desgracia, cada vez máis frecuentes en nenos e nenas pequenos. A realidade é que tras verse tan influenciados por tantas imaxes na sociedade, deixan dun lado unha alimentación completa e pasan a seguir os pasos de falsas crenzas acerca dos seus corpos. Unha boa formación na saúde mental con respecto a estos transtornos tamén pode supor un gran avance na saúde a día de hoxe. Como di o dito, "mente sana, corpo sano", e sobre iso queremos afondar.
Comentarios
Publicar un comentario