Proxecto STEAM


 O APARATO DIXESTIVO 







O noso proxecto:

O Blue Bot:


Levamos a cabo o noso proxecto STEAM  (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths), empregando o Blue Bot, un robot programable diseñado para ser utilizado por nenos e nenas.

Este robot consta con sete botóns que permiten ao alumnado programar o traxecto polo que se desprazará, circulará no noso proyecto por encima dun taboleiro que deseñamos nós mesmas.

Facendo o taboleiro:

 

O taboleiro conta con dez casillas, cun órgano do aparato dixestivo cada unha. Ademáis, elaboramos dous dados e unhas preguntas enumeradas que convertimos en tarxetas. 

Facendo os dados:


Deste xeito, o alumando deberá tirar os dados, sumalos e escoller a pregunta co número do resultado da suma, cuxa resposta corresponderá cun dos órganos do taboleiro.

Facendo as tarxetas:


Ademáis, fixemos dúas tarxetas con dous símbolos que representan "SÍ" e "NON", as cales serán colocadas de xeito aleatorio previamente, en dúas das casillas polas cales o Blue Bot deberá pasar obligatoriamente (SÍ) e non poderá pasar (NON). 

Deste xeito, o alumnado terá que visualizar o percorrido que o robot deberá facer e programalo, tras pensar a resposta á pregunta que lles tocou responder. 

Parécenos un xeito moi dinámico e divertido para repasar os órganos do aparato dixestivo, ademáis de moi útil para traballar coas novas tecnoloxías!

 Acceso video youtube: Proxecto STEAM: Aparato dixestivo



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A importancia dos REA

Wordwall