Un pouco sobre Sofía

Sobre min, Sofía.



Ola!!  Eu son Sofía, unha estudante de 1º de Educación Primaria en Pontevedra. Teño 18 anos e son de Ribadavia, unha fermosa vila a 20 minutos de Ourense. Durante o curso estou nun piso de estudantes en Pontevedra convivindo con dúas rapazas que estudan Publicidade e Relacións Públicas, aínda que os fines de semana volvo a casa.

As TIC son algo moi presente na miña vida, adoito utilizalas tanto para os estudos como para o meu tempo de ocio. Penso que estas son un elemento moi importante nas nosas vidas, especialmente desde o ano pasado, que coa chegada do Covid-19 as nosas vidas cambiaron completamente. Grazas a elas podemos manternos informados acerca de todo o que ocorre actualmente (e incluso moito tempo atrás) aínda que ocorra a miles de km de distancia. 

Tal como está a situación da pandemia nestes días, non é posible a xuntanza entre non conviventes, polo tanto grazas as novas tecnoloxías podemos non perder o contacto e falar cos nosos amigos ou familiares aos que non nos é posibe ver. 

Persoalmente, considérome unha persoa alegre e espontánea. Encántame viaxar e coñecer xente, estaría sempre dun lado para outro, coñecendo mundo. Gústanme moitísimo os animais de todo tipo (eso si, os insectos non me gustan NADA) pero teño unha debilidade polos cabalos. Fun moitos anos a hípica, desde pequena ata os 16 anos e penso que é un deporte moi especial, onde se logra paz mental e unha gran conexión co animal. 

Estou unha gran parte de día escoitando música, gústame de todos os tipos de xénero, podo estar un día escoitando  reggaeton como outro escoitando música clásica. Tamén dicir que fun a escola de música desde pequena e logo ao conservatorio, onde cursei ata 4 de elemental de clarinete. Incluso estiven dous anos probando tamén percusión.

Tamén teño un irmán chamado Mateo de 15 anos, quen está cursando 4º da ESO.

Para rematar, decidinme por estudar Educación Primaria porque é moi bonita e ademáis é moi importante xa que é a base que nos prepara para o futuro na sociedade. O feito de enseñar e estar en contacto cos nenos gústame moito.                                                                                                                                                                                                                                                                               


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto STEAM

Webquest: con cómic, RA e podcast

A importancia das secuencias didácticas