Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tecnoloxías

Webquest: con cómic, RA e podcast

Imaxe
 Unha Webquest é unha ferramenta na que o alumnado resolve un problema plantexado, a modo de xogo, conseguindo adquirir coñecementos que pretende o docente ou a docente dun xeito máis dinámico. No noso caso pretendíamos que o alumnado adquiriese coñecementos acerca da alimentación e hábitos saudables. Para isto deseñamos unha problemática imaxinaria: o monstruo das galletas vai á súa consulta médica e dinlle que ten que levar unha dieta máis saudable, temos que axudalo a coñecer o que é unha dieta saudable.  No noso caso empregamos a ferramenta Weebly, xa que nos permitía organizar as fases da webquest dun xeito sinxelo. Estas partes son: a introdución (once se presenta a problemática e se motiva ao alumnado a participar), o proceso (explicando os pasos a seguir), os recursos (que aportan información e xogos a completar), a avaliación (para determinar se se adqueriron os coñecementos que se tiña previsto, tamén sirve para mellorar a webquest nun futuro) e a despedida.  No...

A importancia das secuencias didácticas

Imaxe
 Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas  e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.  Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.  Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...

A Era Dixital

Imaxe
  Ao longo da nosa vida e infancia, as tecnoloxías foron evolucionando. As tres tivemos a sorte de nacer na era dixital, e a medida que fomos medrando, o foron facendo tamén as diferentes empresas tenolóxicas. Puidemos vivir a aparición das tablets, dos reloxos intelixentes e unha infinidade de elementos.  Cando éramos pequenas, as videochamadas eran algo pouco frecuente, que tiñan lugar nun gran ordenador. Co paso dos anos, nos atopamos agora ante a facilidade de facelas onde e cando queramos, dende unha gran variedade de dispositivos. Menos mal que a pandemia chegou neste ano e non hai 20! Teriamos mellores e peores cousas pero, sen lugar a dúbidas, non poderíamos estar tan ben comunicados como agora. As "clases online" serían imposibles e habería que forzar moito máis a presencialidade.  Grazas a tódolos avances cos que contamos a día de hoxe, podemos saber o noso nivel de pulsación mediante un reloxo ou deixar que o coche aparque só.  Agora contamos cunha gran di...