A Era Dixital
Ao longo da nosa vida e infancia, as tecnoloxías foron evolucionando. As tres tivemos a sorte de nacer na era dixital, e a medida que fomos medrando, o foron facendo tamén as diferentes empresas tenolóxicas. Puidemos vivir a aparición das tablets, dos reloxos intelixentes e unha infinidade de elementos.
Cando éramos pequenas, as videochamadas eran algo pouco frecuente, que tiñan lugar nun gran ordenador. Co paso dos anos, nos atopamos agora ante a facilidade de facelas onde e cando queramos, dende unha gran variedade de dispositivos. Menos mal que a pandemia chegou neste ano e non hai 20! Teriamos mellores e peores cousas pero, sen lugar a dúbidas, non poderíamos estar tan ben comunicados como agora. As "clases online" serían imposibles e habería que forzar moito máis a presencialidade.
Grazas a tódolos avances cos que contamos a día de hoxe, podemos saber o noso nivel de pulsación mediante un reloxo ou deixar que o coche aparque só.
Agora contamos cunha gran diversidade de recursos á hora de traballar e comunicarnos online, grazas ás que podemos seguir a diante en situacións como as que estamos a vivir.
Cando estábamos na educación primaria, apenas tiñamos un proxector nas aulas, se cadraba. Na educación secundaria chegaron os ordenadores portátiles individuais y máis adiante as tablets. Hoxe en día non son poucas as aulas de primaria que xa contan con estes recursos. En bacharelato xa estaba todo esto moito máis presente.
Se tivésemos que destacar algo con respecto á tecnoloxía sería sen dúbida a súa capacidade de contectarnos entre nós. Pasar unha temporada nos Estados Unidos xa non é tan duro coma antes, pois cun só click poderás ver as caras de tódolos membros da túa familia.
Comentarios
Publicar un comentario