Webquest: con cómic, RA e podcast

Unha Webquest é unha ferramenta na que o alumnado resolve un problema plantexado, a modo de xogo, conseguindo adquirir coñecementos que pretende o docente ou a docente dun xeito máis dinámico. No noso caso pretendíamos que o alumnado adquiriese coñecementos acerca da alimentación e hábitos saudables. Para isto deseñamos unha problemática imaxinaria: o monstruo das galletas vai á súa consulta médica e dinlle que ten que levar unha dieta máis saudable, temos que axudalo a coñecer o que é unha dieta saudable. No noso caso empregamos a ferramenta Weebly, xa que nos permitía organizar as fases da webquest dun xeito sinxelo. Estas partes son: a introdución (once se presenta a problemática e se motiva ao alumnado a participar), o proceso (explicando os pasos a seguir), os recursos (que aportan información e xogos a completar), a avaliación (para determinar se se adqueriron os coñecementos que se tiña previsto, tamén sirve para mellorar a webquest nun futuro) e a despedida. No...