Wordwall


 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva.



Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación. 

Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza.

As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA.

Animámosvos a que probedes o concurso!

Concurso sobre a alimentación

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto STEAM

A importancia dos REA