A importancia dos REA

 

Os recursos REA,  Recursos Educativos Abertos, son materiais de ensinanza-aprendizaxe gratuítos. Tan só con acceso a Internet xa podes acceder a multitude deles, os cales permiten achegarse ao mundo das Novas Tecnoloxías, e ir aprendendo a manexalas intuitivamente dende a Primaria dun xeito educativo, o que resulta moi enriquecedor para as novas xeracións, cuxos traballos dependerán destas e do bo manexo que lles den.

As Novas Tecnoloxías supoñen un perigo na seguridade e saúde da rapazada, pero son un gran avance, polo que é necesario ensinar dende a Primaria o seu bo uso e empregalas co fin de facilitar a aprendizaxe.

Nesta sesión 2, indagamos en portais de REA como o son Abalar, Agrega2, INTEF, WikiDidácTICa, Procomún e CEDEC. Negras páxinas pódense buscar recursos por curso, temática, autoría... Normalmente son feitas por un profesor ou unha profesora para o seu grupo, pero poden ser utilizadas por todo o mundo.

Nos eliximos o tema da alimentación saudable, e buscando por esa temática, atopamos recursos, a maioría tipo blog, que non necesitan máis que conexión a Internet e audio, nas que aparecían explicacións, por exemplo da pirámide alimenticia ou dos órganos encargados da nutrición, e a continuación tiñan actividades coas que os rapaces e rapazas poden autoavaliarse pero dun xeito ameno e motivador. 

Pensamos polo tanto que son un moi bo recurso, que sen dúbida poremos en práctica nun futuro, xa que resulta para o alumnado un xeito moi divertido de aprender (ademais de gratuíto).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto STEAM

Wordwall