Un pouco sobre María

 Sobre min, María.


Chámome María, teño 19 anos e son de Vigo. Como dixen no vídeo de presentación, anteriormente era bastante torpe co uso das TIC pero, ao verme na situación actual, non me quedou outra opción que desenvolver todas esas capacidades que son tan útiles na actualidade. Comecei a usar varias ferramentas que nunca imaxinei que fose capaz de empregar.

A día de hoxe emprégoas a diario, dende no ámbito escolar ata para ver á miña avoa. Prefiro non imaxinar como sería toda esta situación hai vinte anos, cando as únicas cousas que nos conectaban eran teléfonos fixos e cartas postais.

En canto a min, considérome unha persoa alegre e bastante multifacética. Gústame moito cociñar para os demais, tocar a guitarra, escribir e facer deporte. Xoguei ó tenis dende que teño memoria, e practiquei piragüismo dende o 2016 ata o 2019. 

Tamén gústanme moitísimo os animais; no verán adicábame a pasear cans nunca protectora do Morrazo. 

Teño un irmán de 15 anos co que paso a maior parte do meu tempo. 

E para finalizar, as fins de semana traballo de monitora voluntaria no colexio no que fixen bacharelato (Salesianos Vigo), cun grupo de rapaces e rapazas de entre 6 e 9 anos, facendo actividades ao aire libre cando o tempo o permite.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto STEAM

Webquest: con cómic, RA e podcast

A importancia das secuencias didácticas