As TIC no 2021

Hoxe en día con todos os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos é complicado imaxinar un mundo sen as TIC. Forman parte do noso día a día xa desde fai uns cantos anos, pero neste último ano foron máis necesarias que nunca coa chegada da pandemia. Grazas a elas foinos posible seguir traballando, comunicarnos, informarnos... cousa que fai 200 anos, sen elas, non sería posible.

Estamos ante unha nova xeración onde as novas tecnoloxías están moi presentes nas súas vidas en cada vez máis ámbitos, como por exemplo no educativo.

O sistema educativo está nun constante cambio, adaptándose as innovacións da época. Nestes últimos anos ao desenvolverse as novas tecnoloxías cuns gran pasos e incorporarse de gran maneira nas nosas vidas,  tamén se foron establecendo na educación. Incorporar as TIC como método de aprendizaxe é unha boa maneira de introducir aos rapaces na actualidade, e de ademáis brindarlle as facilidades que esta á súa vez xera. Un experimento afirma que este aprendizaxe se desenvolve dunha maneira moito máis rápida e eficaz con aplicacións que con tarxetas de vocabulario nas idades temperás.

O uso destas tecnoloxías se é utilizado dunha maneira moderada pode ser unha gran fonte de aprendizaxe para os rapaces. Cunha boa preparación dos materiais e contidos a dar na clase dunha forma adaptada á tecnoloxía de hoxe en día pode ser algo moi positivo, pero cun mal uso pode convertirse nunha adición. A través destes métodos con relación as NNTT búscase 

Cremos que o día de mañá as TIC van a estar moito máis presentes en relación co traballo. Non vemos problema co seu uso para o desenvolvemento dos nenos pero si que consideramos que é importante tamén enseñarlles a moderar o seu uso, podendo repartir o tempo entre dous: o traballar coas tecnoloxías e o traballar sen elas. Tamén pensamos que o uso dos materiais tradicionais como o lapis, bolis e o papel deberá ser o principal, xa que un uso excesivo da tecnoloxía pode provocar problemas ao longo da súa vida cun gran uso desde pequenos. Estas serán unha maneira de mellorar a educación xunto coa súa impartición pero non será o método en exclusiva de desenvolvemento do proceso de adquisisción de coñecementos.

Nos colexios públicos disponse dos medios necesarios para traballar coas TIC, aínda que quizáis moitas veces os xustos para o seu uso. Máis que os medios moitas veces tamén é a falta de coñecementos, hoxe en día os profesores necesitan e deben aprender a usar a tecnoloxía máis que nunca para o seu día a día, é algo moi importante sobretodo nesta época coa pandemia do COVID-19. As novas xeracións de estudantes para profesores non teremos tanta dificultade á hora de traballar coas TIC xa que desde pequenos fomos  medrando á vez que as novas tecnoloxías se ían desenvolvendo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto STEAM

Webquest: con cómic, RA e podcast

A importancia das secuencias didácticas