A importancia das infografías
A infografía é un bo xeito de organizar uns recursos que teñen algo en común, como poden ser as actividades desta materia no noso caso, dun xeito interactivo, no que ademais dunha breve explicación, clicando en cada recurso chegamos a este a partir dun enlace.
É importante como futuros muestres que coñezcamos este tipo de recursos, ademais de para organizar a materia a dar, porque imos preparar a un alumnado cuxos traballos vanse centrar polo xeral no uso das Novas Tecnoloxías, polo que é fundamental ensinarlle estes recursos ao alumnado.
No noso caso decidimos empregar o programa "Canva" xa que consideramos que é bastante completo e fácil de utilizar. Eleximos como base a que máis se adecúa aos nosos obxetivos e comezamos a traballar nela. Por agora, só puxemos os títulos das diferentes seccións que temos pensado tratar e co tempo variará según avance o noso proxecto.Esta será a idea principal, a cal co tempo irá collendo forma e seguramente variando, chegando a ser seguramente moi diferente á planteada de primeiras. Polo tanto de momento dividimos a infografía en cinco apartados, que se corresponden coas tareas da planificación da materia de Novas Tecnoloxías, pero quizáis decatémonos de que non son suficientes.
Comentarios
Publicar un comentario