Publicacións

Reflexionando sobre as ferramentas de autor

Imaxe
  As chamadas ferramentas de autor son un tipo de aplicacións informáticas que nos facilitan a creación, publicación e xestión dos materiais e recursos educativos en formato dixital, utilizados na educación presencial e a distancia mediada polas TIC. Son moi útiles xa que grazas a súa sencillez facilitan o traballo e ofrecen unha gran variedade de opcións e plantillas para crear recursos rápidamente. O poder engadir contidos interactivos multimedia é un gran punto a favor, xa que é a clave para captar a atención e asimilación dos contidos máis fácilmente (e dunha maneira moito máis atractiva). Isto é unha gran vantaxe fronte as ferramentas tradicionais. Tamén posibilitan e favorecen o traballo cooperativo grazas á tecnoloxía na nube, que permite traballar na creación de contido ao mesmo tempo.  No noso caso, traballamos coa plataforma "Wordwall" e con "EducaPlay".  Coa aplicación "Wordwall", pretendemos lograr que os rapaces aprendan dunha maneira entretid...

Wordwall

Imaxe
 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva. Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación.  Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza. As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA. Animámosvos a que probedes o concurso! Concurso sobre a alimentación

Educaplay

Imaxe
Hoxe realizamos dous actividades diferentes a través de Educaplay. A primeira consiste en relacionar imaxes de alimentos co número de porcións e a frecuencia diaria na que se deben inxerir. A finalidade é que, tras ter estudado e comprendido a pirámide alimenticia, o alumnado sexa capaz de relacionar cada alimento co seu correspondiente grupo e, polo tanto, coa súa debida frecuencia recomendada.   A través das imaxes de almentos cotiás búscase que valoren a frecuencia coa que comen estos alimentos. Utilizamos dende unha imaxe dunha barra de pan, por exemplo, ata unha bolsa de Doritos, especificando que esta última debe inxerirse de vez en cando. A repetición e a relación destos alimentos cunha frecuencia facilitará recordala no momento da inxesta; aumentando a alimentación a través de alimentos base coma os cereais e intentando acercarse o máximo posible á inxesta recomendada en frutas, verduras, carne, pescado... A segunda actividade consiste en responder dez preguntas, as ca...

A importancia das secuencias didácticas

Imaxe
 Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas  e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.  Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.  Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...

A importancia dos REA

Imaxe
  Os recursos REA,  Recursos Educativos Abertos, son materiais de ensinanza-aprendizaxe gratuítos. Tan só con acceso a Internet xa podes acceder a multitude deles, os cales permiten achegarse ao mundo das Novas Tecnoloxías, e ir aprendendo a manexalas intuitivamente dende a Primaria dun xeito educativo, o que resulta moi enriquecedor para as novas xeracións, cuxos traballos dependerán destas e do bo manexo que lles den. As Novas Tecnoloxías supoñen un perigo na seguridade e saúde da rapazada, pero son un gran avance, polo que é necesario ensinar dende a Primaria o seu bo uso e empregalas co fin de facilitar a aprendizaxe. Nesta sesión 2, indagamos en portais de REA como o son Abalar, Agrega2, INTEF, WikiDidácTICa, Procomún e CEDEC. Negras páxinas pódense buscar recursos por curso, temática, autoría... Normalmente son feitas por un profesor ou unha profesora para o seu grupo, pero poden ser utilizadas por todo o mundo. Nos eliximos o tema da alimentación saudable, e buscando po...

A importancia das infografías

Imaxe
A infografía é un bo xeito de organizar uns recursos que teñen algo en común, como poden ser as actividades desta materia no noso caso, dun xeito interactivo, no que ademais dunha breve explicación, clicando en cada recurso chegamos a este a partir dun enlace. É importante como futuros muestres que coñezcamos este tipo de recursos, ademais de para organizar a materia a dar, porque imos preparar a un alumnado cuxos traballos vanse centrar polo xeral no uso das Novas Tecnoloxías, polo que é fundamental ensinarlle estes recursos ao alumnado. No noso caso decidimos empregar o programa "Canva" xa que consideramos que é bastante completo e fácil de utilizar. Eleximos como base a que máis se adecúa aos nosos obxetivos e comezamos a traballar nela. Por agora, só puxemos os títulos das diferentes seccións que temos pensado tratar e co tempo variará según avance o noso proxecto.  Esta será a idea principal, a cal co tempo irá collendo forma e seguramente variando, chegando a ser segura...

As TIC no 2021

Imaxe
Hoxe en día con todos os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos é complicado imaxinar un mundo sen as TIC. Forman parte do noso día a día xa desde fai uns cantos anos, pero neste último ano foron máis necesarias que nunca coa chegada da pandemia. Grazas a elas foinos posible seguir traballando, comunicarnos, informarnos... cousa que fai 200 anos, sen elas, non sería posible. Estamos ante unha nova xeración onde as novas tecnoloxías están moi presentes nas súas vidas en cada vez máis ámbitos, como por exemplo no educativo. O sistema educativo está nun constante cambio, adaptándose as innovacións da época. Nestes últimos anos ao desenvolverse as novas tecnoloxías cuns gran pasos e incorporarse de gran maneira nas nosas vidas,  tamén se foron establecendo na educación. Incorporar as TIC como método de aprendizaxe é unha boa maneira de introducir aos rapaces na actualidade, e de ademáis brindarlle as facilidades que esta á súa vez xera. Un experimento afirma que este aprendizaxe se de...