Publicacións

Proxecto STEAM

Imaxe
 O APARATO DIXESTIVO  O noso proxecto: O Blue Bot: Levamos a cabo o noso proxecto STEAM    (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths), empregando o Blue Bot, un robot programable diseñado para ser utilizado por nenos e nenas. Este robot consta con sete botóns que permiten ao alumnado programar o traxecto polo que se desprazará, circulará no noso proyecto por encima dun taboleiro que deseñamos nós mesmas. Facendo o taboleiro:   O taboleiro conta con dez casillas, cun órgano do aparato dixestivo cada unha. Ademáis, elaboramos dous dados e unhas preguntas enumeradas que convertimos en tarxetas.  Facendo os dados: Deste xeito, o alumando deberá tirar os dados, sumalos e escoller a pregunta co número do resultado da suma, cuxa resposta corresponderá cun dos órganos do taboleiro. Facendo as tarxetas: Ademáis, fixemos dúas tarxetas con dous símbolos que representan "SÍ" e "NON", as cales serán colocadas de xeito aleatorio previamente, en dúas das casillas ...

Webquest: con cómic, RA e podcast

Imaxe
 Unha Webquest é unha ferramenta na que o alumnado resolve un problema plantexado, a modo de xogo, conseguindo adquirir coñecementos que pretende o docente ou a docente dun xeito máis dinámico. No noso caso pretendíamos que o alumnado adquiriese coñecementos acerca da alimentación e hábitos saudables. Para isto deseñamos unha problemática imaxinaria: o monstruo das galletas vai á súa consulta médica e dinlle que ten que levar unha dieta máis saudable, temos que axudalo a coñecer o que é unha dieta saudable.  No noso caso empregamos a ferramenta Weebly, xa que nos permitía organizar as fases da webquest dun xeito sinxelo. Estas partes son: a introdución (once se presenta a problemática e se motiva ao alumnado a participar), o proceso (explicando os pasos a seguir), os recursos (que aportan información e xogos a completar), a avaliación (para determinar se se adqueriron os coñecementos que se tiña previsto, tamén sirve para mellorar a webquest nun futuro) e a despedida.  No...

Reflexionando sobre as ferramentas de autor

Imaxe
  As chamadas ferramentas de autor son un tipo de aplicacións informáticas que nos facilitan a creación, publicación e xestión dos materiais e recursos educativos en formato dixital, utilizados na educación presencial e a distancia mediada polas TIC. Son moi útiles xa que grazas a súa sencillez facilitan o traballo e ofrecen unha gran variedade de opcións e plantillas para crear recursos rápidamente. O poder engadir contidos interactivos multimedia é un gran punto a favor, xa que é a clave para captar a atención e asimilación dos contidos máis fácilmente (e dunha maneira moito máis atractiva). Isto é unha gran vantaxe fronte as ferramentas tradicionais. Tamén posibilitan e favorecen o traballo cooperativo grazas á tecnoloxía na nube, que permite traballar na creación de contido ao mesmo tempo.  No noso caso, traballamos coa plataforma "Wordwall" e con "EducaPlay".  Coa aplicación "Wordwall", pretendemos lograr que os rapaces aprendan dunha maneira entretid...

Wordwall

Imaxe
 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva. Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación.  Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza. As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA. Animámosvos a que probedes o concurso! Concurso sobre a alimentación

Educaplay

Imaxe
Hoxe realizamos dous actividades diferentes a través de Educaplay. A primeira consiste en relacionar imaxes de alimentos co número de porcións e a frecuencia diaria na que se deben inxerir. A finalidade é que, tras ter estudado e comprendido a pirámide alimenticia, o alumnado sexa capaz de relacionar cada alimento co seu correspondiente grupo e, polo tanto, coa súa debida frecuencia recomendada.   A través das imaxes de almentos cotiás búscase que valoren a frecuencia coa que comen estos alimentos. Utilizamos dende unha imaxe dunha barra de pan, por exemplo, ata unha bolsa de Doritos, especificando que esta última debe inxerirse de vez en cando. A repetición e a relación destos alimentos cunha frecuencia facilitará recordala no momento da inxesta; aumentando a alimentación a través de alimentos base coma os cereais e intentando acercarse o máximo posible á inxesta recomendada en frutas, verduras, carne, pescado... A segunda actividade consiste en responder dez preguntas, as ca...

A importancia das secuencias didácticas

Imaxe
 Planear é prever, e polo tanto, a planificación dunha secuencia didáctica é importante porque nesta definirase e especificarase o xeito no que se levarán a cabo as actividades, as técnicas  e as que se empregarán tanto dentro como fóra da aula para desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. O feito de ter as actividades especificadas, con tempo e uns obxectivos que pretendemos alcanzar, fai que sexa posible a boa consecución da secuencia. Ademais, hoxe en día atopámonos nun momento de auxe tecnolóxico, onde as TICs forman parte do noso día a día e, como non, tamén poden axudarnos a levar a cabo esta planificación.  Contamos cun gran número de ferramentas específicas para recoller información útil na área que nos interese, e para axudarnos a organizarnos e xerar un plan útil no proceso.  Todos estes instrumentos poden axilizar este importante proceso, polo que é importante estar formados entorno ao seu emprego para sacarlles o maior partido posible, optimizando ...

A importancia dos REA

Imaxe
  Os recursos REA,  Recursos Educativos Abertos, son materiais de ensinanza-aprendizaxe gratuítos. Tan só con acceso a Internet xa podes acceder a multitude deles, os cales permiten achegarse ao mundo das Novas Tecnoloxías, e ir aprendendo a manexalas intuitivamente dende a Primaria dun xeito educativo, o que resulta moi enriquecedor para as novas xeracións, cuxos traballos dependerán destas e do bo manexo que lles den. As Novas Tecnoloxías supoñen un perigo na seguridade e saúde da rapazada, pero son un gran avance, polo que é necesario ensinar dende a Primaria o seu bo uso e empregalas co fin de facilitar a aprendizaxe. Nesta sesión 2, indagamos en portais de REA como o son Abalar, Agrega2, INTEF, WikiDidácTICa, Procomún e CEDEC. Negras páxinas pódense buscar recursos por curso, temática, autoría... Normalmente son feitas por un profesor ou unha profesora para o seu grupo, pero poden ser utilizadas por todo o mundo. Nos eliximos o tema da alimentación saudable, e buscando po...