Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Reflexionando sobre as ferramentas de autor

Imaxe
  As chamadas ferramentas de autor son un tipo de aplicacións informáticas que nos facilitan a creación, publicación e xestión dos materiais e recursos educativos en formato dixital, utilizados na educación presencial e a distancia mediada polas TIC. Son moi útiles xa que grazas a súa sencillez facilitan o traballo e ofrecen unha gran variedade de opcións e plantillas para crear recursos rápidamente. O poder engadir contidos interactivos multimedia é un gran punto a favor, xa que é a clave para captar a atención e asimilación dos contidos máis fácilmente (e dunha maneira moito máis atractiva). Isto é unha gran vantaxe fronte as ferramentas tradicionais. Tamén posibilitan e favorecen o traballo cooperativo grazas á tecnoloxía na nube, que permite traballar na creación de contido ao mesmo tempo.  No noso caso, traballamos coa plataforma "Wordwall" e con "EducaPlay".  Coa aplicación "Wordwall", pretendemos lograr que os rapaces aprendan dunha maneira entretid...

Wordwall

Imaxe
 Nesta sesión do 12 de marzo, realizamos a última actividade das ferramentas de autor, en WordWall, o cal nos resultou máis fácil de manexar que Educaplay, xa que está máis actualizada e é máis intuitiva. Realizamos un concurso con 10 preguntas de tres posibles respostas cada unha, con puntuación (que suma canto máis rápido contestes) e 45 segundos para responder a cada cuestión sobre a alimentación. Ademais o alumnado dispón de comodín como descartar unha das respostas, para pedir máis tempo ou máis puntuación.  Esta actividade está destinada a alumnado de 5º de Primaria e pretende avaliar os coñecementos acerca da nutrición saudable. Enmárcase na materia de Ciencias da Natureza. As preguntas están enfocadas á alimentación saudable, o exercicio físico e o coñecemento das TCA. Animámosvos a que probedes o concurso! Concurso sobre a alimentación

Educaplay

Imaxe
Hoxe realizamos dous actividades diferentes a través de Educaplay. A primeira consiste en relacionar imaxes de alimentos co número de porcións e a frecuencia diaria na que se deben inxerir. A finalidade é que, tras ter estudado e comprendido a pirámide alimenticia, o alumnado sexa capaz de relacionar cada alimento co seu correspondiente grupo e, polo tanto, coa súa debida frecuencia recomendada.   A través das imaxes de almentos cotiás búscase que valoren a frecuencia coa que comen estos alimentos. Utilizamos dende unha imaxe dunha barra de pan, por exemplo, ata unha bolsa de Doritos, especificando que esta última debe inxerirse de vez en cando. A repetición e a relación destos alimentos cunha frecuencia facilitará recordala no momento da inxesta; aumentando a alimentación a través de alimentos base coma os cereais e intentando acercarse o máximo posible á inxesta recomendada en frutas, verduras, carne, pescado... A segunda actividade consiste en responder dez preguntas, as ca...